sábado, 14 de abril de 2012

PAULO VILLEGAS E LUCÍA CARDESÍN, NO PODIUM DO CROSS DE SANTIAGO, 29/XANEIRO/2012.

Gran prestación dos dous representantes do Colexio San Narciso de Marín neste prestixioso campo a través celebrado nun dos circuitos máis esixentes de Galicia.
Paulo Villegas, debutou nunha competición de campo a través a nivel autonómico, realizou unha carreira de pundonor saíndo ben colocado e aguantando o tirón dos mellores Cadetes e Xuvenís da autonomía, sendo ao final 9º na carreira e 3º clasificado da categoría CADETE.
Lucía Cardesín, como xa é habitual en ela fixo unha carreira de menos a máis, sabendo asaltar aos postos cabeceiros no momento adecuado, sabedora de que a primeira corredora estaba fóra do seu alcance, deixou marchar ata a 4 corredoras, para que a medida que a dureza do circuito iba poñendo a cada unha no seu sitio, Lucía foi remontando dende o 6º posto ata o 3º final, e a medalla de BRONCE FINAL.






PAULO VILLEGAS CARRAGAL E LUCÍA CARDESÍN CORTEGOSO


No hay comentarios: