lunes, 10 de octubre de 2011

LUCÍA CARDESÍN CORTEGOSO, CAMPIONA GALEGA ALEVÍN DE RUTA


A Atleta e alumna do San Narciso,
proclamouse este domingo,
na Carreira "A Coruña 10" e
"Campionato Galego de Ruta"
CAMPIONA GALEGA EN RUTA DA SÚA CATEGORÍA (Alevín Feminino).




Despois de correr en Marín , na tarde do sábado, na Carreira "Pinga-Pinga" unha distancia de 500metros, a nosa grandísima fondista, afrontou o Campionato Galego de Ruta sobre a distancia de 1.200metros, correndo coa categoría Benxamín-Alevín, Masculina e Feminina xuntas.


Lucía correu de maneira intelixente e moi valiente, pois establecéuse nas posicións de cabeza de carreira entre os 10 primerios postos de homes e mulleres, dende os primeiros metros, e aguantou formidablemente o tirón dos nenos alevíns, quedando 6ª na clasificación xeral e 1ª muller en cruzar a liña de meta, con 6 segundos de vantaxe sobre a súa perseguidora.


Lucía completa así unha gran fin de semana, e unha tempada chea de éxitos en cross, pista e ruta emulando a súa compañeira de adestramentos en Pontevedra e unha das mellores mediofondistas Junior de España: Leticia Fernández Barbosa.
Este curso 2011-2012 inicia a categoría infantil co que os seus retos serán ainda maiores xa que será a "pequena" da categoría.

Noraboa LUCÍA!





No hay comentarios: