lunes, 10 de octubre de 2011

LUCÍA CARDESÍN CORTEGOSO, CAMPIONA GALEGA ALEVÍN DE RUTA


A Atleta e alumna do San Narciso,
proclamouse este domingo,
na Carreira "A Coruña 10" e
"Campionato Galego de Ruta"
CAMPIONA GALEGA EN RUTA DA SÚA CATEGORÍA (Alevín Feminino).




Despois de correr en Marín , na tarde do sábado, na Carreira "Pinga-Pinga" unha distancia de 500metros, a nosa grandísima fondista, afrontou o Campionato Galego de Ruta sobre a distancia de 1.200metros, correndo coa categoría Benxamín-Alevín, Masculina e Feminina xuntas.


Lucía correu de maneira intelixente e moi valiente, pois establecéuse nas posicións de cabeza de carreira entre os 10 primerios postos de homes e mulleres, dende os primeiros metros, e aguantou formidablemente o tirón dos nenos alevíns, quedando 6ª na clasificación xeral e 1ª muller en cruzar a liña de meta, con 6 segundos de vantaxe sobre a súa perseguidora.


Lucía completa así unha gran fin de semana, e unha tempada chea de éxitos en cross, pista e ruta emulando a súa compañeira de adestramentos en Pontevedra e unha das mellores mediofondistas Junior de España: Leticia Fernández Barbosa.
Este curso 2011-2012 inicia a categoría infantil co que os seus retos serán ainda maiores xa que será a "pequena" da categoría.

Noraboa LUCÍA!





IIª Carreira PINGA-PINGA Santomé de Piñeiro Marín

Moitos alumnos/as do San Narciso foron os participantes nesta carreira, sendo os máis destacados nas súas respectivas categorías o sábado 8-10-2011:

Carreira de 500 metros:
LUCÍA CARDESÍN .- Campiona Alevín femenina
NAGORE ACUÑA .- Subcampiona Alevín femenina....
así como o Pai de Tania Carballo,
facendo o propio na súa categoría de veteráns na carreira grande de 7kms.

NORABOA A TODOS/AS POLA GRAN PARTICIPACIÓN,
dende os máis pequenos/as de 3º de Primaria, ata os maiores de 6º, e Paulo de 2º da ESO, que conseguiu ser 3º calsificado en Cadete.


O ano que ven esperemos ter aínda máis participación do noso cole!!!!!






miércoles, 5 de octubre de 2011

CURSO 2011 - 2012

BENVIDOS/AS A ESTE NOVO CURSO QUE COMEZA CO LEMA DE "A VERDADE".

Como novidade este curso teremos noticias relacionadas coas clases de EF dos alumno/as máis maiores do centro de 1º de Bacharelato.

Dende aquí queremos desexarvos moi boa sorte e A ESTUDIAR MOITO!!!

jueves, 14 de abril de 2011

ALEVIN FEMININO CAMPIONAS GALEGAS de Xogando ó Atletismo - Pontevedra, 13-04-2011


Onte mércores 13 de Abril,
celebrouse no CGTD de Pontevedra o
Campionato Galego de Xogando ó Atletismo nas categorías Benxamín e Alevin,
nesta última decidíanse os equipos que representarán á nosa Comunidade
na Final Nacional en Puertollano, Ciudad Real o 28 de Maio.
Resultando vencedores o Colexio do Sagradón Corazón de Pontevedra en Alevín Masculino,
e o noso SAN NARCISO de Marín en Alevín FEMININO.
O EQUIPO QUE LOGROU A VICTORIA ESTIVO COMPOSTO POR:

ÚRSULA LOIRA 6º EP
ALBA PAZOS 6º EP
NAGORE ACUÑA 5º EP
LUCÍA CARDESÍN 5º EP
TANIA CARBALLO 5º EP
SARAY AMOEDO 5º EP

NORABOA E PARABÉNS A ELAS, E Ó P. SIMÓN POLA INTENSA PREPARACIÓN E TRABALLO REALIZADO PARA LOGRAR ESTE MERITOSO CAMPIONATO.