Gran participación do COLEXIO SAN NARCISO na IIIª Carreira Pedestre de Campañó.
Dende as 16.30 horas do sábado 19 de setembro, viviuse unha intensa xornada de Atletismo en Campañó, promovida polo ilustre fondista Elías Domínguez, subcampión de España de Maratón.
Os máis pequenos, "Chupete", iniciaron a actividade Atlética, cunha carreira de 180m, chea de nervios e algún "choro" que outro. O San Narciso xa estivo representado aqui por medio de Alfonso de Federico, que debutaba en competicións atléticas.
Podium Benxamín Masculino:
En Benxamín foi a categoría onde máis participación tivemos, ata un total 10 participantes entre masculino e feminino, foi tamén aqui onde máis exitos houbo: Franciso Aguete e Carla Martínez subiron ao 3º posto nunha moi competitiva carreira de 500metros.
Podium Alevín Feminino:
En alevín só correría Lucía Cardesín, pero a súa prestación foi, coma sempre, espectacular, controlando a situación dende o principio. Sabedora que a gañadora final da proba era moi superior a ela, tanto en idade, como en condicións físicas; Lucía saiu nun 3º grupo para cubrir os 1.000 metros, (xa que corrían homes e mulleres xuntos) e hacia a metade da proba xa estaba chagando ao grupo preseguidor da gañadora. Nos últimos 200metros fixo un esforzo extra, adiantando ata chegar a definitiva 2ª praza.
Lucía segue así!
Lucía Cardesín e Franciso Aguete, cos seus trofeos.
Manuel Fernández, Fran, Nicolás García Area e Adrián López; atentos aos seus dorsais para o sorteo da bicicleta e demáis regalos.
Lucía Cardesín e Franciso Aguete, cos seus trofeos.
Manuel Fernández, Fran, Nicolás García Area e Adrián López; atentos aos seus dorsais para o sorteo da bicicleta e demáis regalos.
Alfonso de Federico, despois de chegar a meta, coa súa medalla; estrenando camiseta do San Narciso nunha competición oficial.
MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR E Á IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS QUE TIVESTES QUE ESTAR A TARDE DO SÁBADO COS NEN@S EN CAMPAÑÓ.
MOITAS GRAZAS A TOD@S POR PARTICIPAR E Á IMPLICACIÓN DAS FAMILIAS QUE TIVESTES QUE ESTAR A TARDE DO SÁBADO COS NEN@S EN CAMPAÑÓ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario