viernes, 25 de diciembre de 2009

XOGANDO AO ATLETISMO FASE LOCAL - PONTEVEDRA - TROFEO DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O sábado 19 de decembro celebrouse no Pavillón Príncipe Felipe, o Trofeo Deputación Pontevedra e a Fase Local do torneo Xogando ao Atletismo, no que participaron como claros favoritos o Colexio SAN NARCISO DE MARIN e máis o clube de atletismo VILA DE CANGAS, que finalmente se levaron todas victorias entre as categorías Benxamin Masculino, Feminino e Mixto, e os Alevíns Masculino, Feminino e Mixto.


Referencia da Federación Galega de Atletismo:



Dende aqui queremos deixar constancia do "pouco interese" que levantou esta competición ao resto de colexios e clubes da provincia, así como a "deixadez" dos Organizadores, Patrocinadores ou FGA para levar a cabo dita xornada, así como as outras xornadas das categorías Infantís, nas que a final Rexional, en Santiago, celebrouse despois de que se pechara o prazo para inscribir ao Clube/Colexio gañador en Galicia na Final Nacional a disputar a mediados de Xaneiro de 2010 en Zaragoza. Co que, de momento, nin o San Narciso, nin outros, representarán a Galicia neste Torneo Nacional, cando o Colexio SAN NARCISO foi galardoado na última Final Nacional do Xogando ao Atletismo en Illescas-Toledo-2009, por ser un dos catro colexios de todo España que leva asistido a tódalas Finais Nacionais dende que a RFEA iniciou esta competición.

Dende aqui, e a título persoal, eu, Pablo Díaz López, como profesor, entrenador e atleta en activo, pediría un pouco máis de profesionaildade, implicación, organización e previsión por parte de tódalas institucións inmersas nesta competición, para que esto, nin nada semellante, volva a repetirse.

No día 22 de decembro, D. Primitivo Simón, como responsable da sección de deportes, e cabeza visible do Colexio San Narciso-Marín, tivo que reunir aos nenos/as que participaron en Santiago na final Autonómica, e que gañaron a súa clasificación para dita final, e decirlles que por culpa de "algo mal feito, así como da ineptitude de alguén/algúns axeno/s á organización do Colexio San Narciso" NON PODERÍAN ASISTIR A VINDEIRA FINAL NACIONAL.

1 comentario:

familia dfb dijo...

La calificación de ineptos es en este caso bastante suave. Muchas veces da la impresión de que las más altas instancias son las que menos se implican en los deportes que dirigen. En cualquier caso la labor profesional vuestra al frente del atletismo San Narciso es admirable al igual que dedicar vuestro tiempo libre a que nuestros hijos entrenen y compitan. Por todo ello, ánimo y Gracias.