sábado, 7 de noviembre de 2009

O SAMAÍN AÍNDA NON REMATOU

(Alejandra, de E. Infantil, preparada no autobús, de camiño ao Samaín do Colexio)

Na vindeira semana os profesores/as de Primaria do Colexio San Narciso de Marín darán a coñecer os gañadores/as do concurso literario/artístico de Samaín 2009.

Os premios serán LIBROS de lectura, así como obsequios variados de material escolar donados por diversas marcas comerciais.

O concurso, consistente en redactar historias de medo, camposantos...etc, inventadas ou da tradición Galega (2º e 3º ciclo de Primaria), así como de decorar e debuxar cabazas (os alumnos de Infantil e 1º ciclo de Primaria) pretende involucrar, ademáis dos alumnos/as, tamén a pais, nais e avós, nesta tradición centenaria en Galicia, e a súa vez incidir na expresión plástica e artística-literaria dos nenos/as.


ÁNIMO E SORTE!!

No hay comentarios: