viernes, 25 de diciembre de 2009

XOGANDO AO ATLETISMO FASE LOCAL - PONTEVEDRA - TROFEO DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O sábado 19 de decembro celebrouse no Pavillón Príncipe Felipe, o Trofeo Deputación Pontevedra e a Fase Local do torneo Xogando ao Atletismo, no que participaron como claros favoritos o Colexio SAN NARCISO DE MARIN e máis o clube de atletismo VILA DE CANGAS, que finalmente se levaron todas victorias entre as categorías Benxamin Masculino, Feminino e Mixto, e os Alevíns Masculino, Feminino e Mixto.


Referencia da Federación Galega de Atletismo:



Dende aqui queremos deixar constancia do "pouco interese" que levantou esta competición ao resto de colexios e clubes da provincia, así como a "deixadez" dos Organizadores, Patrocinadores ou FGA para levar a cabo dita xornada, así como as outras xornadas das categorías Infantís, nas que a final Rexional, en Santiago, celebrouse despois de que se pechara o prazo para inscribir ao Clube/Colexio gañador en Galicia na Final Nacional a disputar a mediados de Xaneiro de 2010 en Zaragoza. Co que, de momento, nin o San Narciso, nin outros, representarán a Galicia neste Torneo Nacional, cando o Colexio SAN NARCISO foi galardoado na última Final Nacional do Xogando ao Atletismo en Illescas-Toledo-2009, por ser un dos catro colexios de todo España que leva asistido a tódalas Finais Nacionais dende que a RFEA iniciou esta competición.

Dende aqui, e a título persoal, eu, Pablo Díaz López, como profesor, entrenador e atleta en activo, pediría un pouco máis de profesionaildade, implicación, organización e previsión por parte de tódalas institucións inmersas nesta competición, para que esto, nin nada semellante, volva a repetirse.

No día 22 de decembro, D. Primitivo Simón, como responsable da sección de deportes, e cabeza visible do Colexio San Narciso-Marín, tivo que reunir aos nenos/as que participaron en Santiago na final Autonómica, e que gañaron a súa clasificación para dita final, e decirlles que por culpa de "algo mal feito, así como da ineptitude de alguén/algúns axeno/s á organización do Colexio San Narciso" NON PODERÍAN ASISTIR A VINDEIRA FINAL NACIONAL.

O PRIMEIRO DOMINGO DE NOVEMBRO FOI A CARREIRA DO SAN MARTIÑO DE BUEU

OS ALUMNOS/AS DO COLEXIO SAN NARCISO INICIARON A TEMPADA ATLÉTICA COMPETINDO O DIA 8 DE NOVEMBRO, NA SAN MARTIÑO DE BUEU, DESPOIS DE MÁIS DE UN MES E MEDIO DE ETRENAMENTOS.


(Carlota Cerqueiro, Emily Cerqueiro, Antía De Federico, Carla Martínez, e Ángela Pousada.)


(Alberto Pérez Outón en pleno esforzo na carreira Benxamín Masculina)


( Vemos a Carla e Carlota, na categoría benxamín femino acadando posicións de podium.)

Na Imaxe Lucía Cardesín e Tanía Carballo, da categoría alevíns (4º curso Primaria).








viernes, 20 de noviembre de 2009

MAGOSTO NAS PRAIAS DE PORTOCELO E MOGOR

OS ALUMNOS DE PRIMARIA DO SAN NARCISO FORON DE MAGOSTO AS PRAIAS, CAMBIANDO A LAGOA CASTIÑEIRAS; POR MOGOR E PORTOCELO.

(Os profesores/as de Primaria que estaban nesta "merenda")

(A basura recolleitada polos alumnos/as de 2º ciclo na Praia de Portocelo)


(Baixada ás Praias do 2º Ciclo)




Os alumnos de primaria foron por ciclos as praias de Portocelo, Mogor e os Petroglifos de esta última. no merendeiro da praia de Portocelo fíxeronse as brasas para asalas castañas e así poder pintarse co carbón.

domingo, 8 de noviembre de 2009

Nova web de Gustavo Nieves

O atleta entrenado por Pablo Díaz, profesor do colexio, ten nova páxina web:

www.gustavonieves.com

aquí tedes toda a información sobre o atleta.

Sau2

sábado, 7 de noviembre de 2009

O SAMAÍN AÍNDA NON REMATOU

(Alejandra, de E. Infantil, preparada no autobús, de camiño ao Samaín do Colexio)

Na vindeira semana os profesores/as de Primaria do Colexio San Narciso de Marín darán a coñecer os gañadores/as do concurso literario/artístico de Samaín 2009.

Os premios serán LIBROS de lectura, así como obsequios variados de material escolar donados por diversas marcas comerciais.

O concurso, consistente en redactar historias de medo, camposantos...etc, inventadas ou da tradición Galega (2º e 3º ciclo de Primaria), así como de decorar e debuxar cabazas (os alumnos de Infantil e 1º ciclo de Primaria) pretende involucrar, ademáis dos alumnos/as, tamén a pais, nais e avós, nesta tradición centenaria en Galicia, e a súa vez incidir na expresión plástica e artística-literaria dos nenos/as.


ÁNIMO E SORTE!!

sábado, 10 de octubre de 2009

COMENZA O CURSO 2009-2010

Un novo curso académico comeza e no colexio San Narciso de Marín todo está a punto para levar a cabo a nosa viaxe: a Educación Integral do alumno/a.


Dende aqui damos a benvida a todos/as e animamos a pais e nais a utilizar a Novas Tecnoloxías no día a día e na educación dunha maneira axeitada aos tempos que corren.



Actividades Académicas

Actividades de Apoio

Actividades Formativas
Extraescolares
Programa Xoagando ao Atletismo


Teatro Maios
Entroido
Días das letras Galegas

Día da Paz e da Fame...

Todo isto pasaremos este curso que se antoxa apaixoante.

¡¡¡BENVIDOS/AS E BOA SORTE!!!

viernes, 7 de agosto de 2009

El Programa "Jugando al Atletismo" de la RFEA, realizado por el San Narciso y Maestros de la Supervivencia, llegaron a África (Gambia:Jali)

¡¡¡¡GRACIAS A TOD@S LOS QUE COOPERAMOS DESDE EL SAN NARCISO DE MARIN!!!!

Aqui tenéis un adelanto de lo mucho que nos encontramos y trabajamos
en esos 7 días (que se hicieron cortísimos) en Jali-Gambia (África)....



(Momento del 10x10 con aros artesanales

de madera del árbol "maantaoo")


(Seku, en plena atención de la explicación
del Lanzamiento de Balón)

(El equipo capitaneado por Pablo Díaz y Suleimman,
"The red team" antes de comenzar...
¿sabéis que equipo arrasó, verdad?...jejeje)


(Todos los participantes en el
Festival Final de "Jugando al Atletismo" )
Pódeis ver la repercusión en prensa, con un pequeño artículo en
DIARIO DE PONTEVEDRA,
del día Martes 5 de agosto de 2009,
en contra-portada.







jueves, 23 de julio de 2009

HOY ES EL DÍA: VIAJE A GAMBIA / HOXE É O DÍA: VIAXE A GAMBIA

Hoxe partimos
(a expedición completa de Profesores/Entrenadores Atletismo)
para Gambia (África).


As 20.40 saimos de Santiago de Compostela hacia Madrid. E ás 03.30am partimos rumbo Banjul (capital de Gambia).
Unha vez alí, nos recollen os cooperantes de Maestros de la Supervivencia que xa chegaron fai 2 semanas e imos a Jali, o poboado indíxena (no que non hai luz eléctrica, nin cobertura nin internet sen cables...etc).
A distancia entre Banjul e Jali é duns 100Km, e tárdase unhas 4 horas de viaxe en coche 4x4, xa que as únicas dúas carreteras existentes son de terra...e os animais salvaxes teñen preferencia, lóxicamente....


(Pablo Díaz co seu carnet de Cooperante Internacional)

No poboado instalaremos as Mosquiteras nas casas, faremos as cociñas saudables, e SOBRE TODO NÓS INICIAREMOS AOS NEN@S NO DEPORTE COMO ELEMENTO EDUCATIVO, E MÁIS CONCRETAMENTE O ATLETISMO CO PROGRAMA XA EXISTENTE DA RFEA "JUGANDO AL ATLETISMO" DO QUE O SAN NARCISO É UN DS MÁXIMOS EXPONENTES EN ESPAÑA, XA QUE ACUDIU A TODAS A FINAIS NACIONAIS (5) CELEBRADAS ATA AGORA.
Xa iremos poñendo noticias, sempre que nos poidamos comunicar...

lunes, 20 de julio de 2009

O MÉRCORES 17 DE XUÑO CELEBROUSE O "I FESTIVAL DEPORTIVO-SOLIDARIO" SAN NARCISO 2009



FESTIVAL DEPORTIVO-SOLIDARIO “FIN DE CURSO 2009” COLEXIO SAN NARCISO – MARÍN (DEPORTE E DISCAPIDADE, FACTOR DE EDUCACIÓN E INTEGRACIÓN)
PROXECTO GAMBIA 2009:
MOSQUITERAS-COCIÑAS SAUDABLES-ESCOLAS DEPORTIVAS




Elenco de deportistas invitados





Piragüismo:


Teresa Portela (Olímpica Pekín, Atenas e Sydney.


Campiona do Mundo K-1 200; Campiona Europa K-1, K-2, K-4)










Paralímpicos:
Chano Rodríguez (Campión Paralímpico Natación, Medalla Ouro Mérito Deportivo)
Gustavo Nieves (Participante Sydney e Pekín, Campeón Europa e Récord Mundo)
*Joan Rguez.* (Prepardor Físico de Isidre Esteve: campeón Rallye París-Dakar)

Fútbol:
Rafa Sáez Entrenador de fútbol: Pontevedra C.F., Celta Vigo B
Fran Crujeiras Director General Pontevedra, C.F. Ex jugador ACB (Ourense)
Joan Rodríguez Preparador Físico Celta de Vigo, ascenso 2ª a 1ª división.

Baloncesto:
Diego Gómez (EBA – Peixe Galego Marín e LEB2 - C.O.B.)
Pablo Alonso (EBA – Peixe Galego Marín, Celso Míguez Pontevedra)
Gloria Noriega (LF2 – C.B. Arxil Pontevedra)
Carlos Paredes (Entrenador e Preparador Físico – C.B. Arxil Pontevedra)

Balonmano:
Laureano Martínez (2º Entrenador S.D. Teucro Pontevedra – ASOBAL)
David López (Teucro Pontevedra – ASOBAL)

Ciclismo:
David García (Profesional Xacobeo Galicia: Giro de Italia, Volta a España)

Montañismo:
Chus Lago (1ª Galega subir ao EVEREST, expedición POLO SUR)


Triatlón:
Saleta Castro (Internacional Absoluta Copa do Mundo de Triatlón,


Campiona de España Triatlón e Duatlon)
Oscar Vicente (Internacional Sub-23, Subcampión de Europa de Duatlón)

Javier Gómez Noya, non podeu estar porque viaxou e EEUU para unha proba das series Mundiais 2009, pero deunos regalos e a súa Colaboración coa causa.



Atletismo:
Santi Pérez (6º Olímpico Atenas, e Pekín en 50km marcha)
Laura Ferreiro (9ª Campionato de Mundo Junior Sydney-1999 en 10 Km Marcha)
Eva Mª Iglesias (Campiona de España Juvenil-Junior-Promesa Marcha)
Carlos de la Torre (Finalista Olímpico Barcelona’92, en 10.000ml)
Elías Domínguez (Subcampión de España de Maratón 42,192 Km no ano 2008)
Gustavo Dacal (8 veces Campión de España e Internacional Absoluto Xavalina)
Jean Marie Okutu (Mundialista Junior,Campión de España, Salto de Lonxitude 7,73m)

Pere Llonch (Entrenador Responsable de Atletismo no CGTD – Pontevedra)




APOIOUSE A ONG "MAESTROS DE LA SUPERVIVENCIA" FACENDO UNHA "OPERACIÓN BOCATA" ADEMÁIS DAS APORTACIÓNS DOS NEN@S DE 0,30 € SEMANAIS, CHEGANDO A UNHA SUMA TOTAL DE 600€ DE RECADACIÓN PARA O PROXECTO "GAMBIA 2009" QUE O PROFESOR DO COLEXIO PABLO DÍAZ IRÁ A POÑER EN PRÁCTICA PERSOALMENTE EN JALI (GAMBIA) DURANTE OS DÍAS 24 AO 31 DE XULLO DE 2009.












AO REMATE DA XORNADA LÚDICO-DEPORTIVA TOD@S OS NEN@S DO COLEXIO FORON AGASAIADOS CON UNHA CRATEIRA DE MÁN DA MARCA "NB" (NEW BALANCE) A QUE HAI QUE AGRADECER TODO O APOIO PRESTADO E SÚA INESTIMABLE COLABORACIÓN.












¡¡MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACÓN E SOLIDARIDADE!!



domingo, 14 de junio de 2009

O COLEXIO SAN NARCISO-ATLETISMO GAÑA NO CÓMPUTO GLOBAL A LIGA INTERCOLEXIOS 2009


Despois de disputalas todas probas a clasificación por equipos quedou como segue:
Alevin Feminino: Campións (1º)
Alevin Masculino: Bronce (3º)
Infantil Femenino: Campións (1º)
Infantil Masculino: Campións (1º)
NORABOA A TOD@S E GRAZAS POLA VOSA AXUDA PARA LEVAR ISTO ADIANTE
(ATLETAS, PAIS E NAIS, E ADESTRADORES)

martes, 9 de junio de 2009

GUSTAVO NIEVES CAMPELLO (SGP) DOBLE CAMPEÓN DE EUROPA DE 5.000ml E 10.000ml

GUSTAVO NIEVES CAMPELLLO (SGP) DOBLE CAMPEÓN DE EUROPA DE 5.000ml (14'37" Récord do Campeonato) E 10.000ml (31'33"17 RÉCORD DO MUNDO) EN RODAS-GRECIA.

TAMÉN SE PROCLAMOU SUBCAMPIÓN EN 1.500ml




Escrito por:

Pablo Díaz López

Director Técnico Sociedad Gimnástica Pontevedra
Entrenador de Gustavo Nieves

GUSTAVO NIEVES DEBUTOU ONTE NO CTO. DE EUROPA IBSA DE ATLETISMO (Rodas-GRECIA) EN 5.000ml‏

El atleta Gallego de la SGP, aficando en Pontevedra, Gustavo Nieves Campello, debuta hoy en la 1ª jornada del Campeonato de Europa de Atletismo IBSA (Asociación Internacional de Deportes para Ciegos) en la prueba de 5.000ml (T12) la que es su especialidad.
Gustavo llega llega con una marca 14'33"03 realizada en Fuenlabrada en el transcurso del Cto. España Universitario, siendo ésta la actual plusmarca Nacional de la distancia y una de las 10 mejores a nivel mundial de todos los tiempos (Rec.Mundo: 14'21"0 del campeón Paralímpico Beijing 2008).
En Rodas, Gustavo afrontará el reto de correr 5.000ml - 1.500ml y 10.000ml en este orden, siendo el lunes 8 de junio, miécoles 10 y el 10.000ml el viernes 12 de junio la prueba con la que cerrará su participación; y en la que posee el Récord del mundo con 30'32"2 realizado en Santiago el de 4 de Abril en el Cto. Gallego de 10.000ml en donde quedó segundo detrás de Gustavo Platas (Azkar-Lugo).
De este modo, intentará ser uno de los mejores deportistas Paralímpicos en la modalidad de Atletismo acercándose así a otros grandes ya consagrados como el lanzador David Casinos (triple camepón Paralímpico en Lanzamiento de Peso Sydney-Atenas y Beijing) o Igancio Ávila (Bronce en 1.500ml Beijing)

web del campeonato:

http://www.rhodesiris2009.com/index.php



Escrito por:

Pablo Díaz López

Director Técnico Sociedad Gimnástica Pontevedra
Entrenador de Gustavo Nieves

viernes, 5 de junio de 2009

TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA - SAN NARCISO/GAMBIA 2009

Xa comezou o


TORNEO SOLIDARIO DE FÚTBOL SALA - SAN NARCISO/GAMBIA 2009

que se disputa durante os recreos na etapa de Primaria e no que @s participantes pagaron 1€ /u. de inscrición para a axuda a Gambia e o proxecto
"Maestros de la Supervivencia"

Os primeiros partidos das rondas previas, resultaron todo un éxito de participación e deportividade, non así o xogo despregado polos equipos, que se viron moi atenazados polos nervios de ser os debutantes en dito torneo.

Despois de unha semana e media de competición o Torneo xa se encontra na súa fase de Semifinais, e na semana que ven pode haber un parón na parte alta do cadro debido ao final de curso, non así na desputa dos postos 5º ao 8º incluidos.

A FINAL xogaráse o mércores día 17 de Xuño ao longo da
Xornada Deportiva Solidaria fin de curso 08-09;
coa presenza confirmada de xogadores Profesionais do Pontevedra C.F. e a posibilidade de algún xogador Galego de 1ª división....
¡¡¡¡ ÁNIMO E NORABOA POLA VOSA AXUDA !!!!


martes, 26 de mayo de 2009

V Torneo Nacional Xogando o Atletismo: SEXTAS EQUIPO FEMININO E 13º MASCULINO


Sara Pérez, Laura Meira, Carla Rguez. María Torres e Ángela Torres

O sábado disputouse en Illescas Toledo, o "V Torneo Nacional Jugando al Atletismo" onde a representación galega correu a cargo do Colexio San Narciso de Marin tanto en categoría masculina como femenina, e foi nesta categoría onde se clasificaron en sexto (6º) posto, quedando a só 0,5 puntos do 5º lugar e a 1 punto da loita polo podium.

No apartao masculino a representación dos nenos do San Narciso foi nunha meritoria 13ª posición ao finalizala competición.

¡Noraboa a tod@s por este resultado!

(Recibimos a visita de Fernando, o presidente de "Maestros de la Supervivencia")

Este ano, como primeira vez e nova experienca, na mañá do domingo celebrouse o "Relevo da Amistade" consistente nunha competicón entre nen@s, delegad@s, entrenador@s e pais e nais, mesturando todos os representantes de cada comunidade; así como unha posterior exposición-degustación da cultura e gastronomía de cada unha das comunidades que participaron.

martes, 28 de abril de 2009

OS EQUIPOS MASCULINO E FEMININO DE XOGANDO AO ATLETISMO: CAMPIÓNS GALEGOS EN SILLEDA

COLEXIO SAN NARCISO MARÍN

ENHORABOA A TÓDOL@S COMPOÑENTES DOS EQUIPOS CAMPIÓNS

O próximo 23 de Maio en Illescas - TOLEDO

teredes que defender a GALICIA a vosa Comunidade Autónoma

na final Nacional do Torneo "Jugando al Atletismo" (RFEA)

domingo, 1 de marzo de 2009

ENTROIDO 2009 (Clase de 4ºA)

Aqui vemos como se preparou a clase de 4ºA para o Entroido, disfrazándose de MARCIAN@S
posteriormente fixemos unha degustación de postres típicos de Entroido na nosa clase: había Orellas, filloas, filloas recheas de nata, de chocolate...

Joaquin Riveiro representante do San Narciso no GALEGO DE CROSS FEDERADO EN OURENSE


O 15 de Febreiro de 2009 - domingo, disputouse en Ourense - no complexo polideportivo de Monterrey, O Campionato Galego de Cross federado de categorías menores; no que Joaquin partía como o único representante do Colexio San Narciso, na ategoría Cadete.

Quedou nun meritorio 12º posto, pero que non da imaxe da súa enorme calidade, xa que nos inicios da carrerira saiu moi atrás e despois lle foi imposible a remontada ata os postos de podium.

lunes, 16 de febrero de 2009

Campionato PROVINCIAL DE CROSS CHANDEBRITO-NIGRÁN

Equipo ALEVÍN MASCULINO:


Marcos Sanjorge, Alejandro Carricoba, Andrés Gª Area, Alex Regueira,
Sargio García e Jairo Nicolás Mallo



XUSTO ANTES DO PISTOLETAZO DE SAÍDA...
UNHA VEZ REMATADA A FAENA.....
Aínda que o esforzo foi grande, a recompesa merece a pena.
Lucía Cardesín e Tania Carballo (Alevíns)

¡¡¡LUCÍA SUBCAMPIONA PROVINCIAL DE CROSS!!!!

NORABOA A ELA, E A TOD@S POR PODER REPRESENTAR AO NOSO EQUIPO.

viernes, 23 de enero de 2009

Entrenando cando Chove...(II)

FACENDO O "MINI-GRAND PRIX"
NO PAVILLÓN......





....OU TÉCNICA DE CARREIRA NO XIMNASIO....