SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN CURSO 2008-2009
Terase en conta para as sesións de avaliación, o seguinte sistema de cualificación, en porcentaxes, como segue:
• Roupa axeitada............................................ 5%
• Asistencia..................................................... 5%
• Interese........................................................ 10%
• Esforzo e gañas de superación..................... 20%
• Coordinación................................................ 10%
• Compañeirismo............................................ 10%
• Atención e constancia.................................. 15%
• Competencias Básicas Traballadas.............. 25%
Coñecemento e interacción co mundo físico. 40%
Comunicación lingüística. 10%
Tratamento da información e competencia dixital. 5%
Social e cidadá. 10%
Aprender a aprender. 20%
Autonomía e iniciativa persoal. 15%
MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DE AVALIACIÓN POSITIVA
• Reproducir estruturas rítmicas coñecidas mediante o movemento corporal ou con instrumentos.
• Saltar coordinadamente batendo cunha ou ambas as pernas en función das características da acción que se vai realizar.
• Lanzar cunha man un obxecto coñecido compoñendo un xesto coordinado (adiantar a perna contraria ao brazo de lanzar).
• Incrementar globalmente as capacidades físicas básicas de acordo co momento de desenvolvemento motor achegándose aos valores formais do grupo de idade no contorno de referencia.
• Representar, mediante escenificacións ou imitacións, personaxes, obxectos e accións cotiás utilizando o corpo e o movemento como medios de expresión.
• Participar nas actividades físicas axustando a súa actuación ao coñecemento das propias posibilidades e limitacións corporais e de movemento.
• Respectar as normas establecidas nos xogos recoñecendo a súa necesidade para unha correcta organización e desenvolvemento dos mesmos.
• Adquirir e Acadar (Avaliación Positiva) as Competencias Básicas traballadas.
CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN MÍNIMOS ESIXIBLES PARA SUPERAR O CICLO
CONTIDOS MÍNIMOS
- Medición do propio corpo e comparación dos resultados.
- Palpación e recoñecemento dos ósos e do ton muscular.
- Exercicios de comprobación e medición da capacidade pulmonar.
- Comprobación dos latexos do corazón en si mesmo e nos outros, e control das pulsacións.
- Comprobación da motricidade global e segmentaria en diferentes tipos de exercicios, en si mesmo e nos demais.
- Xogos e exercicios, predominando o uso dos brazos ou das pernas.
- Actividades coordinativas de brazos e pernas.
- Práctica da hixiene corporal posterior ao exercicio.
- COMPETENCIAS BÁSICAS.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
1. Coñece que o corpo crece e cambia, e é capaz de apreciar os seus propios cambios e os dos outros.
2. Coñece e entende que cada persoa ten o seu propio ritmo de crecemento e desenvolvemento corporal.
3. Coñece e distingue as diferentes medidas corporais.
4. Recoñece e distingue en si mesmo e nos outros os ósos máis importantes do corpo humano.
5. Sabe da existencia dos músculos e coñece o seu papel no movemento do corpo.
6. Coñece a función do corazón en dos pulmóns, e razoa a súa relación coa actividade física.
7. Coñece a diferenza que hai entre movementos globais e segmentarios.
8. Coñece, distingue e executa os principais movementos dos brazos e das pernas.
9. É capaz de coordinar diferentes tipos de movementos e de accións motoras.
10. Coñece, distingue e aplica os criterios hixiénicos relacionado coa actividade física e a saúde.
11. Ten adquiridas (Avaliación Positiva) as Competencias Básicas directamente relacionadas coa Área de E. Física; así como de aquelas que se traballan en todas as materias.
lunes, 13 de octubre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
EStamos viendo el blog con la clase de 5ºA
Publicar un comentario