martes, 23 de diciembre de 2008

SAN NARCISO: "MENCIÓN AO CLUBE-ESCOLA QUE FOMENTA O ATLETISMO" NA GALA DO ATLETISMO GALEGO 2008

(Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña, venres 19 decembro de 2008)

O colexio SAN NARCISO MARÍN foi galardoado como un dos Clubes-Escolas que Fomenta a práctica do Atletismo nas categorías menores,
na GALA DO ATLETISMO GALEGO 2008
celebrada na CORUÑA o venres 19 de decembro.
Así se viu recompensado todo o traballo realizado durante a tempada pasada por parte do P. Simón, José Mª Cortizo e Pablo Díaz, dende a Escola, as Actividades Extraescolares e o Clube de Atletismo do noso colexio, xa que o colexio acadou a final Nacional do Torneo "Jugando al Atletismo" en categoría Femenina celebrado en Antequera - Málaga en Maio de 2008.

(Pablo Díaz, profesor-entrenador do colexio San Narciso, e D. Manuel Teijeiro Valledor, Vicepresidente Honorífico da Federación Galega de Atletismo)

sábado, 20 de diciembre de 2008

ESTE VENRES 19 DE DECEMBRO VACACIÓNS DE NADAL ATA O 8 DE XANEIRO DE 2009!!!


O venres 19 de decembro ás 13.30h déronse as vacacións de Nadal xunto coas notas da 1ª evaluación, aos alumn@s de Educación Primaria. Non teremos que regresar ao traballo das aulas ata o Xoves 8 de Xaneiro de 2009.


disfrutade moito,

FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO 2009!!

viernes, 19 de diciembre de 2008

O COLEXIO SAN NARCISO FOI A MARIN POLO NADAL!

@s Alumn@s do colexio, foron camiñando a Marín ao comedor dos pobres das monxas a levar a Operación Kilo e cantar as panxoliñas.



Posteriormente todo primaria foi ao Concello a cantarlle a Panxoliña ó noso Alcalde, que como o ano pasado nos recibiu vestido de axudante REAL, e nos agasallaron con unha bolsa de chuches para cada un de nós.

Por cursos, despois de esto, houbo paseo polo parque infantil, visita ao Museo Torres, a distintos puntos da cidade, o Parque Guren...etc
Por último regresamos tod@s camiñando ao colexio.

ALGO ESTÁ PASANDO NAS AULAS DO COLEXIO SAN NARCISO...

As aulas do noso colexio levan un par de semanas sufrindo unha profunda transformación...

cual será o motivo.....?

jueves, 18 de diciembre de 2008

O SÁBADO 13 DE DECEMBRO CELEBRÓUSE A FASE COMARCAL DE CROSS DO DEPORTE ESCOLAR NA XUNQUEIRA DE PONTEVEDRA


Este sábado pasado celebróuse nunha chuviosa mañá, a fase comarcal, clasificatoria para o Campionato Provincial de Deporte Escolar de campo a través, no circuito que rodea ás Illas das Esculturas, na Xunqueira en Pontevedra.
O colexio San Narciso, por medio do seu clube de Atetismo estivo presente nas categorías Benxamin (Mixto), Alevin Masculino e Infantil-Cadete Masculino.

Lucía Cardesín en Benxamín Feminino conseguiu a victoria (desta vez estando moi atenta en todo momento, e facendo un brutal cambio de ritmo ao acercarse á meta), entrando clasificada en 3ª posición xeral entre nenos e nenas. Excelente.




(Roberto, Carla, Carlota, Lucía, Manuel Fernández, Raúl e Tania)


Joaquin Riveiro, en Cadete Maculino, subcampeón desta vez, viu como o seu rival Hugo Loureiro de Cuntis pero que defende ao clube Ourense Atletismo Academia Postal, dominaba a proba de principio a fin. Non obstante, Joaquin deu mostras da sua casta e calidade deportiva, correndo en todo momento a soas, por detrás do líder, e acercándose perigosamente, en ocasións. Unha vez que afrontaban os competidores o último tercio da proba, "o pesacado xa estaba definitivamente vendido", pero Joaquin loitou ata a mesma liña de meta, esprintando por enrriba de charcos e lama, para establecer o mellor crono posible; Indescriptible a súa entrega, rebosa calidade atlética.




Nesta mesma carreira o formidable atleta de combinadas Adrián, tamén formou parte, tomándose a proba como un entreno máis de resistencia de cara a súa "preparación completa", e representando ao San Narciso nos enfangados lameirales da Xunqueira:


A continuación o equipo Alevín Masculino, unha BOA actuación:

(Andrés García Area, Alejandro Carricoba, Alex Regueira e Jairo Mallo)

Alejandro Carricoba, 3º Clasificado, unha lección de saber estar e correr de maneira estratéxica:

sábado, 6 de diciembre de 2008

NAS PISTAS DO CGTD CELEBROUSE A LIGA ESCOLAR CAIXANOVA DE ATLETISMO


Os nen@s do San Narciso, O SÁBADO 5 DE DECEMBRO , participaron de maneira masiva na Liga Escolar Caixanova de Atletismo, na súa fase previa de clasificación para a provincial.

FOTOS:









Joaquin Riveiro do San Narciso, 5º no Cross Belarmino Alonso

O atleta Joaquin Riveiro, (entrenado por Pablo Díaz dende inicios desta tempada) do noso equipo do colexio, o San Narciso, quedou 5ºclasificado na clasificación xeral de cadetes, sendo TERCEIRO galego clasificado, posto que dous atletas que entraron por diante eran de nacionalidade Portuguesa.
Obtén así, Joaquin, unha moi boa clasificación entre os tres mellores crossistas no ámbito galego en categoría Cadete, nunha competición na que se poñen a proba os primeiros canditatos para a disputa do Campionato Galego de cross e a Selección Galega final que represente a Galicia no Campionato de España de Cross de Autonomías en 2009.

Clasificación Cadete Masculina (3.697metros):

1º 437 0 Paulo Barbosa 13:41 1994 _SAN (Portugal)
2º 428 GA 19342 Dario Soto Méndez 13:50 1994 RIAC
3º 402 0 Nelson Barbosa 14:05 1994 _SAN (Portugal)
4º 439 A 10185 Javier Riveiro Míguez 14:15 1994 ADAS
5º 431 JRF050694 Joaquín Riveiro Fernández 14:23 1994 SNM
6º 409 A 6652 Roi Rodríguez Huertas 14:43 1994 PORR

sábado, 29 de noviembre de 2008

O DOMINGO 30 DE NOVEMBRO CROSS "BELARMINO ALONSO" EN VIGO

O COLEXIO SAN NARCISO ESTARÁ REPRESENTADO NO PRIMEIRO CONTACTO CO CAMPO A TRAVÉS AUTONÓMICO DA PRESENTE TEMPADA
O Atleta Joaquín Riveiro, tomará parte na carreira Cadete,na que a edición pasada, (2007) quedou en novena (9ª) posición, sendo o segundo clasificado dos nados no 1994. Esperamos unha actuación acorde con gran nivel que amosa este xoven atleta no que a especialidade do campo a través é unha das que mellor se adapta as súas características.

martes, 18 de noviembre de 2008

O MAGOSTO DO SAN NARCISO NA LAGOA CASTIÑEIRAS


O venres día 14 de novembro de 2008, o Colexio San Narciso celebrou o seu Magosto na Natureza, como anos anteriores, na Lagoa Castiñeiras.

A etapa de primaria o fixo camiñando dende o colexio, baixando a Marín, e despois encarando a ascensión ata a cima da Lagoa, facendo só unha parada na fonte. Os cursos foron: 3º con Docampo e Antonio, 4º con Soto e Pablo, 5º con Paula e Marcos, e 6º con Ana e Peregrino (Mestre).
Unha vez chegado/as arriba, esperaban os de 1º e 2º que o fixeran en autobús, así como os lesionad@s e o resto de profesor@s. Despois de diversas actividades na Natureza, os nen@s comezaron a comer as 13:30, es os profeso@s ás 14:00. Xa as 15:30 iniciouse a recollida, agrupamento para a foto Oficial e posterior regreso a Marín e o Colexio.

(Xantar d@s mestre/as)

Salientar a boa xornada e a climatoloxía que favoreceu o bo desenrrolo do Magosto e así como o ben facer de tódolos alí presentes.


NORABOA A TODO@S!!!!

lunes, 10 de noviembre de 2008

EXCELENTES RESULTADOS NA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO DE BUEU


(Marcos Sanjorge, Diego Viñas, Sergio García e Jairo Nicolás Mallo)

O Colexio San Narciso colleitou un gran éxito tanto de participación como de Resultados, sendo Diego Viñas na categoría Alevín Masculino e Joaquin Riveiro en Cadete Masculino, os claros vencedores das súas carreiras.



(Úrsula Loira e Alba Pazos)

Destacar a gran participación de Benxamíns e pre-benxamíns do noso Colexio, e agadecer a todalas familias que puxeran a súa axuda para que @s nen@s poideran participar da festa deportiva que alí se celebrou.

viernes, 7 de noviembre de 2008

CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO BUEU



Este domingo dia de 9 Novembro, celébrase dende as 10.00h, que comezarán os alevíns, a edición de 2008 da, xa clásica Carreira do San Martiño de Bueu.


O colexio San Narciso, leva esta tempada unha ampla representación de atletas, destacando a gran participación entre @s máis pequen@s de 4, 5, 6 e 7 anos; asegurando así un futuro prometedor neste apaixoante deporte.


Alí nos vemos dende as 09:30 am

martes, 4 de noviembre de 2008

XA ESTÁ AQUÍ O MAGOSTO!!!




Este venres 7 de Novembro, na Lagoa de Catiñeiras celebramos o Magosto tod@s os membros do colexio San Narciso.


Durante a semana celébranse numerosas actividades relacionadas coa Castaña e o Magosto, sedo os nen@s do 2º ciclo de primaria os encarad@s de facer os murais do Magosto, con Adiviñas, Cantigas, Refráns e Debuxos, relacionados con este festeiro e gastronómico evento Galego.





POLO SAN MARTIÑO,

MATA O TEU PORQUIÑO.





martes, 28 de octubre de 2008

Samaín 2008!!

Esta fin de semana celébrase a festa de Samaín, que nos Estados Unidos de América se popularizou como "Halloween", e a festa dos mortos e das cabazas.

No colexio, e máis concretamente @s alumn@s do 2º ciclo de primaria, fan as REDACCIÓNS DE MEDO, MORTOS, CAMPOSANTOS así como os seus debuxos que posteriormente se expoñen nos pasillos, e se publica o gañad@r do concurso de Redacción do Ciclo.

jueves, 16 de octubre de 2008

Olimpíadas gregas do San Narciso - Xuño 2008 -

Os/as profesor@s : Carmen, Marián, Pablo, Vanesa e Ana, sendo anfitrións destes Xogos Olímpicos Pekín-Marín 2008

As nosas representantes no Torneo Xogando ao Atletismo, Antequera, Málaga 2008

Sara, Carolina, Laura, Claudia y María, en Antequera en maio de 2008, representando a Galiza e o San Narciso.

lunes, 13 de octubre de 2008

CÓMO AVALIAMOS A EDUCACIÓN FÍSICA

SISTEMAS DE CUALIFICACIÓN CURSO 2008-2009

Terase en conta para as sesións de avaliación, o seguinte sistema de cualificación, en porcentaxes, como segue:

• Roupa axeitada............................................ 5%
• Asistencia..................................................... 5%
• Interese........................................................ 10%
• Esforzo e gañas de superación..................... 20%
• Coordinación................................................ 10%
• Compañeirismo............................................ 10%
• Atención e constancia.................................. 15%
• Competencias Básicas Traballadas.............. 25%
Coñecemento e interacción co mundo físico. 40%
Comunicación lingüística. 10%
Tratamento da información e competencia dixital. 5%
Social e cidadá. 10%
Aprender a aprender. 20%
Autonomía e iniciativa persoal. 15%

MÍNIMOS ESIXIBLES PARA A OBTENCIÓN DE AVALIACIÓN POSITIVA

• Reproducir estruturas rítmicas coñecidas mediante o movemento corporal ou con instrumentos.

• Saltar coordinadamente batendo cunha ou ambas as pernas en función das características da acción que se vai realizar.

• Lanzar cunha man un obxecto coñecido compoñendo un xesto coordinado (adiantar a perna contraria ao brazo de lanzar).

• Incrementar globalmente as capacidades físicas básicas de acordo co momento de desenvolvemento motor achegándose aos valores formais do grupo de idade no contorno de referencia.

• Representar, mediante escenificacións ou imitacións, personaxes, obxectos e accións cotiás utilizando o corpo e o movemento como medios de expresión.

• Participar nas actividades físicas axustando a súa actuación ao coñecemento das propias posibilidades e limitacións corporais e de movemento.

• Respectar as normas establecidas nos xogos recoñecendo a súa necesidade para unha correcta organización e desenvolvemento dos mesmos.

• Adquirir e Acadar (Avaliación Positiva) as Competencias Básicas traballadas.




CONTIDOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN MÍNIMOS ESIXIBLES PARA SUPERAR O CICLO

CONTIDOS MÍNIMOS
- Medición do propio corpo e comparación dos resultados.

- Palpación e recoñecemento dos ósos e do ton muscular.

- Exercicios de comprobación e medición da capacidade pulmonar.

- Comprobación dos latexos do corazón en si mesmo e nos outros, e control das pulsacións.

- Comprobación da motricidade global e segmentaria en diferentes tipos de exercicios, en si mesmo e nos demais.

- Xogos e exercicios, predominando o uso dos brazos ou das pernas.

- Actividades coordinativas de brazos e pernas.

- Práctica da hixiene corporal posterior ao exercicio.

- COMPETENCIAS BÁSICAS.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

1. Coñece que o corpo crece e cambia, e é capaz de apreciar os seus propios cambios e os dos outros.
2. Coñece e entende que cada persoa ten o seu propio ritmo de crecemento e desenvolvemento corporal.
3. Coñece e distingue as diferentes medidas corporais.
4. Recoñece e distingue en si mesmo e nos outros os ósos máis importantes do corpo humano.
5. Sabe da existencia dos músculos e coñece o seu papel no movemento do corpo.
6. Coñece a función do corazón en dos pulmóns, e razoa a súa relación coa actividade física.
7. Coñece a diferenza que hai entre movementos globais e segmentarios.
8. Coñece, distingue e executa os principais movementos dos brazos e das pernas.
9. É capaz de coordinar diferentes tipos de movementos e de accións motoras.
10. Coñece, distingue e aplica os criterios hixiénicos relacionado coa actividade física e a saúde.
11. Ten adquiridas (Avaliación Positiva) as Competencias Básicas directamente relacionadas coa Área de E. Física; así como de aquelas que se traballan en todas as materias.

lunes, 6 de octubre de 2008

1ª Evaluación

Deixareivos en breve os criterios e mínimos esixibles da avaliación, así como os contidos e programación.


Un saúdo.
Pablo Díaz

jueves, 2 de octubre de 2008

¡¡¡BENVID@S!!!

Benvidos/as ao blog do Departamento de Educación Física, da etapa de Educación Primaria no seu 2º Ciclo, do Colexio San Narciso - Marín