viernes, 25 de diciembre de 2009

XOGANDO AO ATLETISMO FASE LOCAL - PONTEVEDRA - TROFEO DEPUTACIÓN PONTEVEDRA

O sábado 19 de decembro celebrouse no Pavillón Príncipe Felipe, o Trofeo Deputación Pontevedra e a Fase Local do torneo Xogando ao Atletismo, no que participaron como claros favoritos o Colexio SAN NARCISO DE MARIN e máis o clube de atletismo VILA DE CANGAS, que finalmente se levaron todas victorias entre as categorías Benxamin Masculino, Feminino e Mixto, e os Alevíns Masculino, Feminino e Mixto.


Referencia da Federación Galega de Atletismo:



Dende aqui queremos deixar constancia do "pouco interese" que levantou esta competición ao resto de colexios e clubes da provincia, así como a "deixadez" dos Organizadores, Patrocinadores ou FGA para levar a cabo dita xornada, así como as outras xornadas das categorías Infantís, nas que a final Rexional, en Santiago, celebrouse despois de que se pechara o prazo para inscribir ao Clube/Colexio gañador en Galicia na Final Nacional a disputar a mediados de Xaneiro de 2010 en Zaragoza. Co que, de momento, nin o San Narciso, nin outros, representarán a Galicia neste Torneo Nacional, cando o Colexio SAN NARCISO foi galardoado na última Final Nacional do Xogando ao Atletismo en Illescas-Toledo-2009, por ser un dos catro colexios de todo España que leva asistido a tódalas Finais Nacionais dende que a RFEA iniciou esta competición.

Dende aqui, e a título persoal, eu, Pablo Díaz López, como profesor, entrenador e atleta en activo, pediría un pouco máis de profesionaildade, implicación, organización e previsión por parte de tódalas institucións inmersas nesta competición, para que esto, nin nada semellante, volva a repetirse.

No día 22 de decembro, D. Primitivo Simón, como responsable da sección de deportes, e cabeza visible do Colexio San Narciso-Marín, tivo que reunir aos nenos/as que participaron en Santiago na final Autonómica, e que gañaron a súa clasificación para dita final, e decirlles que por culpa de "algo mal feito, así como da ineptitude de alguén/algúns axeno/s á organización do Colexio San Narciso" NON PODERÍAN ASISTIR A VINDEIRA FINAL NACIONAL.

O PRIMEIRO DOMINGO DE NOVEMBRO FOI A CARREIRA DO SAN MARTIÑO DE BUEU

OS ALUMNOS/AS DO COLEXIO SAN NARCISO INICIARON A TEMPADA ATLÉTICA COMPETINDO O DIA 8 DE NOVEMBRO, NA SAN MARTIÑO DE BUEU, DESPOIS DE MÁIS DE UN MES E MEDIO DE ETRENAMENTOS.


(Carlota Cerqueiro, Emily Cerqueiro, Antía De Federico, Carla Martínez, e Ángela Pousada.)


(Alberto Pérez Outón en pleno esforzo na carreira Benxamín Masculina)


( Vemos a Carla e Carlota, na categoría benxamín femino acadando posicións de podium.)

Na Imaxe Lucía Cardesín e Tanía Carballo, da categoría alevíns (4º curso Primaria).