O 15 de Febreiro de 2009 - domingo, disputouse en Ourense - no complexo polideportivo de Monterrey, O Campionato Galego de Cross federado de categorías menores; no que Joaquin partía como o único representante do Colexio San Narciso, na ategoría Cadete.
Quedou nun meritorio 12º posto, pero que non da imaxe da súa enorme calidade, xa que nos inicios da carrerira saiu moi atrás e despois lle foi imposible a remontada ata os postos de podium.